Historia
O noso club foi un dos pioneiros da ximnasia artística e o trampolín en Galicia (ano 1985). O seu fundador fundamental, foi o desgraciadamente falecido, Paco Carballeira.
Antigamente atopabámonos ligados ao Colexio Ibañez Martín (de aí o antigo nome do club) e utilizábamos as súas instalacións para os adestramentos.
Na actualidade o club atópase desligado do colexio e as súas instalacións, polo que nos pareceu máis oportuno cambiar a denominación por un nome que nos identificase máis coa nosa contorna, Ferrolterra.
O noso club é unha entidade humilde, onde as relacións humanas e os valores predominan por riba dos demais aspectos, pero ademais diso tamén obtivemos grandes resultados deportivos ao longo da nosa historia .
Entre os ex-ximnastas do noso club atopamos campións de España, campións galegos, subcampións de España de Clubs, etc.